O Secretariado de Catequese de Galicia celebrou en Ferrol a súa reunión ordinaria de fin de curso

  • Un encontro de traballo e convivencia entre os responsables da catequese galega
  • Os asistentes completaron o programa cunha visita ao legado arquitectónico de Rodolfo Ucha

O Secretariado de Catequese de Galicia celebrou o pasado venres, 19 de xuño, a súa reunión ordinaria na cidade de Ferrol. Unha xornada de traballo conxunto e convivencia entre os responsables da catequese das dioceses galegas.

O encontro estivo presidido polo arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto, responsable moderador dos bispos de Galicia neste ámbito pastoral, quen visitou a concatedral de San Xiao por primeira vez. A reunión contou ademais coa acollida do bispo de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García, quen recibiu aos participantes na Domus Ecclesiae, sede do bispado na cidade.

Ao longo da xornada, os membros do equipo dedicaron tempo á oración, ao intercambio de experiencias e á avaliación das distintas iniciativas desenvolvidas durante o curso. Tamén avanzaron na programación das actividades e liñas de traballo que marcarán o próximo curso de catequese en Galicia.

Alén das sesións de traballo, o encontro tivo un carácter fraterno e de convivencia, favorecendo o diálogo e o fortalecemento dos vínculos entre os responsables diocesanos.

A cita concluíu cunha visita cultural a varias obras do arquitecto modernista ferrolán Rodolfo Ucha, salientable discípulo de Antoni Gaudí, cuxo legado arquitectónico constitúe unha dos principais acenos de identidade patrimonial da cidade. Previamente, os delegados achegáronse ata a concatedral de San Xiao, templo que visitaba por primeira vez o arcebispo compostelán.

“Foi un tempo para orar, compartir e planificar o próximo curso”, destacaron os participantes ao termo da xornada, que combinou reflexión pastoral e coñecemento do patrimonio local.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas