- A experiencia enmárcase no plan formativo anual do Seminario e busca fortalecer a convivencia e a unidade eclesial
- Os bispos de Mondoñedo-Ferrol, Tui-Vigo e Santiago de Compostela participan nesta actividade de acompañamento pastoral aos seminaristas
O Seminario Interdiocesano Apóstolo Santiago realiza desde hoxe mércores e ata o vindeiro venres unha peregrinación formativa que levará aos seus seminaristas por distintos lugares de Galicia e Portugal, entre eles São Miguel do Couto, Santo Tirso —patria de san Rosendo—, Porto, Fátima e Braga.
Xunto aos dezasete seminaristas que actualmente se forman no Interdiocesano viaxarán os seus pastores: monseñor Fernando García, bispo de Mondoñedo-Ferrol e moderador do Seminario; monseñor Antonio Valín, bispo de Tui-Vigo; e monseñor Francisco Prieto, arcebispo de Santiago de Compostela.
Esta actividade enmárcase dentro do proceso formativo do curso e busca favorecer un tempo intenso de convivencia e crecemento espiritual, en comuñón cos bispos. O destino de Fátima, lugar mariano de especial significado, centra a peregrinación deste ano, que toma a vez da vivencia compartida en Roma o pasado curso.
Durante a súa estancia no santuario de Fátima, os seminaristas participarán na celebración da eucaristía na Capela das Aparicións e nos tradicionais momentos de oración comunitaria. Ademais, terán ocasión de coñecer o patrimonio histórico e artístico das cidades visitadas e de achegarse á realidade formativa do Seminario de Braga.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















