A Casa de Familia acolleu a 17 menores y no Centro de Día atenderon a 31
Durante o ano 2019 os Centros de Protección de Menores San Aníbal de Burela atenderon a un total de 48 nenos, nenas e adolescentes. En concreto atendéronse a 17 menores en situación de tutela ou garda na Casa de Familia San Aníbal e 31 no Centro de Día.
Dos 17 menores tutelados, catro ingresaron de urxencia, ainda que este centro non con este servizo, intenta dar respostas, sempre que é posible, ás necesidades que xurden na Mariña. Deste 17 rapaces, a maioría son mozos e mozas entre 15 e 17 anos e ao longo do ano 2019 cinco deste rapaces retornaron a convivir coa súa familia biolóxica e un deles foi trasladado a un centro de atención específica terapéutica e o resto seguen a residir no fogar.
No Centro de Día San Aníbal, que é un centro de apoio á familia atendéronse a un total de 31 nenos, nenas e adolescentes, dos cales tres causaron baixa por trasladarse a familia a vivir fora da Comarca e dun deles asumiuse a tutela pública, pasando a residir no fogar.
Os Centros de Menores San Aníbal forman parte da rede de centros de protección de menores da Xunta de Galicia e son promovidos polas Fillas do Divino Celo-Rogacionistas.
Los Centros San Aníbal de #Burela atendieron a 48 menores en 2019 https://t.co/wUioXfP3SH vía @COPE
— COPE de la Costa (@copedelacosta) January 7, 2020







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















