A través dun curso de formación organizado polo ITC
Baixo o título "Evanxelizar con novas tecnoloxías e nas redes sociais", tivo lugar este sábado o cursillo convocado polo Instituto Teolóxico Compostelán (ITC), sección de Formación do Profesorado de Relixión Católica de Galicia.
A xornada, dirixida ós 78 profesores de relixión da diocese de Mondoñedo-Ferrol, foi coordinada por Juan Antonio Santamaría González, delegado episcopal de Educación.
Don Antonio Rodríguez Basanta realizou unha oración inicial e tras ela, dirixiuse ós asistentes animandoos a continuar coa súa importante labor ó tempo que lles anunciaba o encontro diocesano para todolos grupos que terá lugar no Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo o vindeiro sábado, 28 de outubro.
O ponente desta xornada formativa foi Antonio Ricardo Alonso Ámez, maestro especialista en ensinanza infatil e primaria, que traballa en León na actualidade, e que é tamén colaborador TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) da Editorial Edelvives.
O cursillo, que tivo lugar no salón de actos da Domus Ecclesiae de Ferrol, contou tamén coa presencia da presidenta diocesana de Manos Unidas, María Teresa Pérez.
O próximo evento formativo será xa no mes de abril.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















