O martes 21 de xaneiro celebrouse no Seminario de Mondoñedo una nova sesión da formación permanente dos sacerdotes da nosa diocese. Organizada pola delegación do Clero, nesta ocación versou sobre o compliance e a protección de datos e foi impartida por Inés Otero e Manuel Lobato, de Aristeia Avogados.
Falamos de compliance ao referirnos a un «conxunto de procedementos e boas prácticas adoptados polas organizacións para identificar e clasificar os riscos operativos e legais aos que se enfrontan e establecer mecanismos internos de prevención, xestión, control e reacción fronte aos mesmos».
A avogada Inés Otero abordou o tema do compliance normativo, disciplina de gran importancia na actualidade, que constitúe un programa de cumplimento legal e de prevención de delitos. Concretamente, expuxo o mapa de risco e os principais mecanismos de prevención. Pola súa banda, Manuel Lobato, avogado e tamén delegado diocesano de Protección de Datos, centrou a súa exposición na normativa aplicable nesta materia e nos seus principios xerais, así como na súa aplicación e observación no eido diocesano.
Nesta xornada formativa participaron uns trinta sacerdotes diocesanos. Nos prolegómenos, o bispo Fernando García Cadiñanos aproveitou o encontro para compartir a súa experiencia na recente viaxe á Reúplica de Cabo Verde, na que, xunto con dous sacerdotes e dúas relixiosas, tiveron ocasión de coñecer a realidade social e eclesial deste país africano co gallo do 500º aniversario da creación da diocese de Santiago de Cabo Verde.
Ver esta publicación en Instagram








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















