Pastoral Penal


Delegada

Dna. Nieves Espiñeira Medín
penitenciaria@mondonedoferrol.org
Miramar, s/n, 15401, Ferrol (A Coruña)
981 353 295


Equipo

Rvdo. D. Xaquín Campo Freire (Consiliario)


Obxectivos

· Saír ao encontro como amigos e partícipes dun mesmo proxecto a favor dos privados de liberdade que cumpren condena nos centros penais máis próximos da nosa xeografía: Curtis-Teixeiro e Bonxe. Estes centros non están situados no territorio de xurisdición eclesiástica correspondente á diocese mindoniense-ferrolá, pero neles hai recluídos procedentes das nosas demarcacións parroquiais.

· Impulsar un proxecto capaz de consolidarnos como delegación e de servir ás necesidades e esperanzas de quen un día camiñaron polas nosas rúas e hoxe contan, seica, os días que lles faltan para volver camiñar por elas.


Calendario

16.03.2024. Xornadas de Pastoral Penal de Galicia. Santiago de Compostela.


Materiais

A delegación diocesana de Pastoral Penal. Proxecto de inicio. Urxencias na nosa diocese. Bibliografía (2023-24)
Guía informativa dás Xornadas de Pastoral Penal de Galicia 2023


Ligazóns de interese

Comisión episcopal para a Pastoral Social e Promoción Humana (CEE)
Pastoral Penal
Pastoral Penal: Arcebispado de Santiago de Compostela