Peregrinacións, relixiosidade popular e Camiño de Santiago
Delegado
D. José María Pérez Martínez
peregrinaciones@mondonedoferrol.org
Miramar, s/n, 15401, Ferrol (A Coruña)
981 353 295
Equipo
Rvdo. D. Javier Santiago Sanmartín (consiliario)
Rvdo. D. Óscar Santiago Sanmartín
D. Álvaro Fernández de Mesa
Misión
Na nova estrutura pastoral que se realizou na diocese de Mondoñedo-Ferrol, a delegación encádrase dentro da vigairía pastoral de Evanxelización. Animados polo Plan Pastoral Diocesano 2022-2026, que nos convida a ser discípulos misioneiros nunha Igrexa en saída, desde esta delegación desexamos saír ao encontro do que camiña e busca sentido aos seus pasos na vida.
Atendendo aos dous Camiños que transcorren pola nosa diocese (Camiño Norte e o Camiño Inglés), coordinaremos os nosos recursos e as nosas posibilidades, tanto a nivel diocesano como interdiocesano. Unha das nosas primeiras tarefas debe ser poñer en valor o que xa somos e, ademais, temos:
· Comunidades cristiás que creceron e forman parte do Camiño.
· Templos, capelas, oratorios, reitorais e casas parroquiais ou diocesanas que non só ofrezan un espazo físico de repouso e descanso, senón ante todo a posibilidade do encontro con Cristo que acolle, escoita e comparte.
· Peregrinar desde a fe, xa sexa como peregrinos do Camiño de Santiago, peregrinando aos santuarios diocesanos ou desprazándose como turistas pola diocese, supón unha oportunidade para vivir un momento de graza e conversión. Como lembra o noso consiliario, “a fe, fonte de esperanza e de alegría, é nosa mellor acollida”.
Obxectivos
· Crear comunidades vivas e significativas: Creación dun equipo misioneiro que coide a acollida e o acompañamento.
· Coidar a experiencia de fe a nivel persoal e comunitario: Fomentar espazos de encontro desde a fe.
· Atender especialmente á mocidade, matrimonios e familias: Crear experiencias vivenciais de fe coa mocidade.
· Acompañar a persoas ou situacións de especial fraxilidade: Promoción do voluntariado.
Calendario
26.02.2023. Peregrinación cos mozos ao santuario de Santo André de Teixido.
1-5.04.2023. Camiño de Santiago cos mozos da diocese (organizada conxuntamente coa delegación de Xuventude).
31.05.2023. Peregrinación – Visitación da Virxe. Pedroso-S. Sadurniño.
Setembro 2023. 5º Encontro de reitores de santuarios e delegados (Santander).
Novembro 2023. Actividade formativa sobre o sentido das peregrinacións e o Camino de Santiago.
Dicembro 2023. Peregrinación a un santuario diocesano.
Marzo 2024. Peregrinación diocesana a Liébana (Santander).
Abril 2024. Realización do Camiño de Santiago.
Ligazóns de interese
Santuario de Santo André de Teixido (páxina oficial)
Apertura do santuario ferrolán das Angustias: acollida e a oración de peregrinos
Comisión Episcopal para a Pastoral Social e Promoción Humana (CEE)
Camiño de Santiago (web oficial)