O Seminario de Mondoñedo acollerá o Encontro Diocesano de Comezo de Curso 2024-25 o vindeiro sábado 26 de outubro, que acolle nesta ocasión o lema «Peregrinos de Esperanza [Xubileu 2025]» e ten o seguinte programa:
10.30 h. Oración inicial. Presentación da eDe e dos ministerios laicais.
11.30 h. Descanso.
12.00 h. Obradoiros:
1. Familia e Primeiro Anuncio
2. Comunidades acolledoras e misioneiras
3. Sinodalidade e corresponsabilidade [Consellos]
4. Para quen son eu? [Cultura vocacional]
5. Sostemento económico e transparencia
6. Para entender as UPA
7. Acompañar e ser acompañados
8. Peregrinar en Esperanza [Ano Xubilar 2025]
9. Amigos do Señor [Adoración e oración eucarística]
10. A cuestión social [Semanas Sociais]
11. Experiencias de Primeiro Anuncio
12. Obradoiro Vocacional
13.30 h. Xantar
16.00 h. Concerto [Rubén de Lis]
17.30 h. Celebración da Eucaristía (presidirá o bispo Fernando García Cadiñanos)
Como indica a organización, é moi importante inscribirse na parroquia ou no arciprestado ata o xoves día 24. No Seminario ofrécese a posibilidade do xantar, con prazas limitadas. Tamén se pode levar a comida para compartir. Pola saúa banda, o transporte organízase desde cada arciprestado. Tamén haberá espazos e actividades para nenos e mozos.
Vémonos moi pronto en Mondoñedo!