- Acción organizada desde a plataforma Igrexa polo Traballo Decente da diocese de Lugo
- Interveu, en representación de Mondoñedo-Ferrol, o membro da ITD José María Pérez, cunha disertación sobre a visión da doutrina social da Igrexa desde a realidade do traballo
«En Lugo convivimos pacíficamente 126 nacionalidades», «Aínda somos unha cidade amable e acolledora. Non o perdamos!!», «Tamén existe explotación laboral e precariedade, se miramos cara outro lado, non so somos cómplices, tamén culpables» e «Podemos tecer redes para defender o traballo como dereito», foron algunhas das expresións que se escoitaron o pasado mércores na mesa redonda sobre inmigración e traballo digno que se celebrou en Lugo por convocatoria da Iniciativa Igrexa polo Traballo Decente (ITD) da diocese lucense.
O encontro, celebrado no Vello Cárcere, contou coa participación de representantes de CCOO e CIG, de dúas asociacións de persoas migrantes e dun laico da ITD da diocese de Mondoñedo-Ferrol, José María Pérez, quen achegou a visión da doutrina social da Igrexa (DSI) sobre esta realidade. O acto reuniu en torno a sesenta persoas para dialogar baixo o lema “O traballo é un dereito, non un privilexio”.
Ver, xulgar e actuar
A mesa desenvolveuse de forma dinámica, alternando preguntas e intervencións curtas que seguiron o itinerario do método da DSI: ver, xulgar e actuar. Na fase de «ver», as persoas participantes achegaron testemuñas e experiencias sobre as condicións laborais das persoas migrantes, visibilizando a precariedade, a falta de dereitos e o impacto das barreiras administrativas. Na fase de «xulgar», resaltouse a necesidade de recoñecer dignidade da persoa e do traballo, fronte ao individualismo e a insolidariedade, sinalando a necesidade de cambiar a mirada social e política sobre quen chega buscando unha vida mellor. Finalmente, no «actuar», púxose o acento nas accións xa en marcha e na importancia de fortalecer a colaboración entre sindicatos, entidades sociais e comunidades cristiás, así como seguir creando espacios de encontro, denuncia e anuncio frente a discursos de odio e exclusión.
O traballo, expresión da dignidade humana
O debate puxo de manifesto que o traballo non é un simple medio económico, senón unha expresión da dignidade humana e da participación na construción do ben común. Houbo unha especial mención a seguir defendendo o proceso da Iniciativa Lexislativa Popular para a regularización de persoas migrantes asi como un chamamento para conseguir que o recursos públicos de acollida sexan máis eficaces.
A xornada rematou cun chamamento a construír redes de solidariedade e acompañamento que fagan posible unha sociedade onde todas as persoas traballadoras —sexan de onde sexan—poidan vivir e traballar con dereitos e dignidade.
Como dixo o papa Francisco, “non hai peor pobreza ca a que priva do traballo e da dignidade do traballo».
Fonte: ITD Lugo/Diocese










Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















