- Organizada pola vigairía para a Caridade, terá lugar o sábado 15 de novembro en Ferrol, no marco da celebración da IX Xornada Mundial dos Pobres
O vindeiro 16 de novembro a Igrexa celebra a IX Xornada Mundial dos Pobres, co lema «Ti, Señor, es a miña esperanza» (Sal 71,5).
Esta xornada é unha invitación a cruzar as fronteiras sociais, tal e como se indicaba no 2017 cando o papa Francisco convocaba por primeira vez esta xornada: “… Non pensemos só nos pobres como os destinatarios dunha boa obra de voluntariado para facer unha vez á semana, e menos aínda de xestos improvisados de boa vontade para tranquilizar a conciencia. Estas experiencias, aínda que son válidas e útiles para sensibilizarnos acerca das necesidades de moitos irmáns e das inxustizas que a miúdo as provocan, deberían introducirnos a un verdadeiro encontro cos pobres e dar lugar a un compartir que se converta nun estilo de vida… Esta Xornada ten como obxectivo, en primeiro lugar, estimular aos crentes para que reaccionen ante a cultura do descarte e do malgaste, facendo súa a cultura do encontro… É o meu desexo que as comunidades cristiás, na semana anterior á Xornada Mundial dos Pobres (…) comprométanse a organizar diversos momentos de encontro e de amizade…”.
Acto de presentación da exhortación «Dilexi te»
Nesta edición, ademais de animar a cada comunidade parroquial/UPA a organizar os seus encontros de amizade social, desde a vigairía para a Caridade queren promover o coñecemento da exhortación apostólica “Dilexi te” (sobre o amor aos pobres) do papa León XIV, recentemente publicada e que nas súas primeiras páxinas fai referencia á conexión que existe entre o amor de Cristo e a súa chamada para achegarnos aos pobres, porque «o contacto con quen non ten poder nin grandeza é un modo fundamental de encontro co Señor da historia».
O acto de presentación será o sábado 15 de novembro, ás 18:00 horas, no local da delegación diocesana de Pastoral Xuvenil, na rúa Magdalena, número 153, de Ferrol. Contará coas intervencións do bispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos; o relixioso mercedario e profesor do Colexio Tirso de Molina, P. César Carreño; o responsable dos proxectos de provincia europea das Oblatas, Roberto Ferreiro; e a psiquiatra Rosa Laura Montes de Oca. A entrada é libre ata esgotar o aforo.









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















