Presentada na diocese a «Dilexi te», unha chamada a redescubrir a tenrura do Evanxeo

  • Voces do ámbito relixioso e social convidan a vivir a fe desde a compaixón, a xustiza e a esperanza compartida
  • O bispo García Cadiñanos lembrou que a Igrexa se mide pola súa proximidade aos pobres e aos que sofren

A diocese de Mondoñedo-Ferrol celebrou o sábado 15 de novembro unha xornada de reflexión ao redor da exhortación «Dilexi te» do papa León XIV, nun acto que reuniu ao bispo Fernando García Cadiñanos, ao mercedario César Carreño, ao coordinador do Centro Oblatas Roberto Ferreiro e á psiquiatra Rosa Laura Montes de Oca.

Na súa a súa intervención, o bispo García Cadiñanos destacou a centralidade do amor e a caridade na vida cristiá, lembrando que a Igrexa ha de protexer e coidar o fráxil, como signo de fidelidade ao Evanxeo. Subliñou que a pobreza adopta múltiples rostros —soidade, enfermidade, marxinación— e que estar xunto aos pobres constitúe a medida de autenticidade da misión eclesial.

Pola súa parte, o padre Carreño profundou nas raíces evanxélicas da caridade, sinalando que desde os primeiros tempos do cristianismo a fe só pode entenderse unida á compaixón e ao servizo aos máis necesitados.

Roberto Ferreiro, pola súa banda, convidou as comunidades a superar o activismo superficial e a comprometerse con decisión na xustiza e a acollida dos máis vulnerables.

A intervención final de Rosa Laura Montes de Oca achegou unha mirada humana e testemuñal sobre o sufrimento silencioso, a dignidade de quen vive a marxinación e o valor de soñar unha vida digna mesmo no medio da dificultade.

[Para visualizar con la máxima calidad, seleccionar en Youtube: Configuración – Calidad – 1080p60 HD]

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas