O arcebispado de Santiago de Compostela acolleu na mañanciña de hoxe venres a primeira reunión dos responsables do futuro Seminario Maior Interdiocesano (SMI), que serviu para a preparar, aprobar os estatutos e programar a posta en marcha deste novo centro formativo dos futuros sacerdotes das dioceses de Santiago, Mondoñedo-Ferrol e Tui-Vigo.
Participaron no encontro o arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco Prieto; o bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García; o bispo da diocese de Tui-Vigo, monseñor Luis Quinteiro, e o bispo electo, monseñor Antonio Valín; así como o futuro equipo formativo, integrado polos sacerdotes José Antonio Castro (Santiago), Juan Manuel Basoa (Mondoñedo-Ferrol) e Ángel Carnicero (Tui-Vigo).
Foi o pasado 15 de maio cando, a través dunha nota conxunta, os bispos destas tres dioceses galegas anunciaron a posta en marcha dun Seminario Maior Interdiocesano (SMI) con sede en Santiago, «co fin de orientar a formación dos seminaristas nunha comuñón de criterios entre as diversas dioceses, contando coas circunstancias de tempo e lugar nas que vivimos».
También te puede interesar
Ver esta publicación en Instagram








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















