Como vén sendo habitual na véspera da solemnidade do Apóstolo Santiago, o arcebispo compostelán, monseñor Francisco José Prieto Fernández, presidiu onte a reunión dos bispos da provincia eclesiástica de Santiago.
Estiveron presentes o bispo de Tui-Vigo, monseñor Luis Quinteiro Fiuza; o de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco Rouco; o bispo de Ourense, monseñor José Leonardo Lemos Montanet; e o bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos.
No encontro, celebrado no arcebispado compostelán, tratáronse asuntos de interese común para as dioceses galegas. Tamén asistiu o secretario da provincia eclesiástica de Santiago, o sacerdote José Andrés Fernández Farto.
Fonte: Arcebispado de Santiago