Mañá venres, 27 de setembro, celebrarase a tradicional romaría de San Cosme da Montaña, na parroquia de Galgao, no Concello de Abadín. O bispo da diocese, monseñor Fernando García Cadiñanos, presidirá a eucaristía ás 13:00 horas, nun templo que o vindeiro ano 2025 cumprirá cen anos da súa inauguración. Haberá misas tamén ás 10, 11:30 e 17:00 horas.
As primeiras referencias históricas sobre o santuario de San Cosme de Galgao (estivo situado en “Samordás”) remóntase, polo menos, ao século X. O actual (novo) templo abriuse ao culto o 25 se setembro de 1925. Sobre o seu traslado cóntase que algúns veciños non consideraban unha boa situación o lugar polo seu marcado illamento e falta de camiños. Nese tempo existiron desavinzas pola construción do novo emprazamento, incluso se di que algúns fregueses seguían trasladando o santo á súa antiga capela; e mesmo a prensa da época fai referencia á aparición dalgún dano causado nas obras do novo templo para que non se inaugurase.
Atópase no roteiro do Camiño Norte.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















