Sementando esperanzas: Día do Mundo Rural 2019

Catro dioceses galegas celebrarán a xornada no concello de Castro de Rei

A parroquia de Santa Leocadia acollerá os actos principais o vindeiro 18 de maio

O Día do Mundo Rural celébrarémolo este ano no monte da Escrita, na parroquia de Santa Leocadia, en Castro de Rei, o vindeiro 18 de maio, sábado. A celebración deste ano será a nivel nivel galego, porque van vir persoas de catro dioceses galegas: Ourense, Tui-Vigo, Santiago e Mondoñedo-Ferrol. Esperamos xuntarnos unhas 300 persoas, algunhas das cales pertencen a grupos organizados de “Cremos no Rural”.

A vontade da delegación de Pastoral Rural é que a partir de agora todos os anos na diocese celebremos o Día do Mundo Rural, cada ano nun arciprestado diferente, ao marxe de que algunhas persoas poidan e queiran ir tamén a esa celebración a nivel galego, que supoño que se seguirá celebrando. Esta celebración pretende ir alentando a xente para que nas parroquias, arciprestados ou unidades pastorais se vaian configurando grupos de vida cristiá que se responsabilicen da vida cristiá nas súas comunidades parroquiais.

O lema deste ano para o día do Mundo Rural é “Sementando esperanzas”, e referímolo maiormente á xente máis ben nova que ou non deixou o campo, ou volveu a el con vontade de facer vida e traballar nel. Pensamos que son realidades que hai que poñer de releve, agradecer e apoiar. Son apostas por un estilo de vida que desde a nosa fe cristiá debemos coñecer e acompañar.

 

 

Os actos previstos para o día 18 de maio día son os seguintes:

· De 11 a 12 da mañá: Chegada e acollida por parte de veciños de Castro de Rei.

· 12h.: Celebración (en dúas partes): unha primeira na que imos presentando as persoas dos diferentes grupos asistentes; algunhas delas traerán algo representativo da súa parroquia ou zona e contarannos brevemente algunha experiencia de xente emprendedora no rural. Ao tempo vanse ensaiando os cantos, e comentando o lema, e meténdonos pouco a pouco na celebración. A segunda parte, sobre as 12:30 ou 12:45 horas,  é xa a eucaristía máis formal, a partir do saúdo de quen presida a celebración. Faremos un folleto para que todas as persoas asistentes poidan participar ben.

A parte disto, deste a delegación de Pastoral Rural preparamos varios materiais, que poidedes descargar moi doadamente nesta mesma páxina: cartel anunciador do Día do Mundo Rural, materiais para axudar a unha celebración eucarística no día de San Cidre e unha breve reflexión sobre a situación do mundo rural na nosa diocese. Despois da reflexión xeral deste ano, cada un dos anos seguintes iremos ofrecendo algunha análise sobre aspectos concretos do mundo rural, que nos parezan significativos. Estas reflexións sempre irán acompañadas duns criterios de acompañamento desa realidade desde a comunidade cristiá.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas