Testemuñas de esperanza no mundo: Día da Acción Católica e do Apostolado Segrar

Próximos a celebrar a solemnidade de Pentecoste, que é tamén o Día da Acción Católica e do Apostolado Seglar, a delegación diocesana de Laicos, Familia e Vida e o equipo diocesano de Acción Católica Xeral preséntannos esta xornada que ten como lema “Testemuñas de esperanza no mundo”, en consonancia co Ano Xubilar 2025.

Desde a Conferencia Episcopal Española convídasenos a cultivar a virtude teologal da esperanza, que, como di san Paulo, atopa o seu fundamento no amor de Deus que se nos deu a través do Espírito Santo.

A vocación da Igrexa é a misión, o anuncio explícito de Xesucristo con palabras e con obras. É moi importante, segundo indica Mar Sarmentero, delegada de Laicos, «que descubramos que a misión de anunciar a Xesucristo témola que realizar xuntos, en clave de sinodalidade». Aínda que todos somos misioneiros polo bautismo recibido e a tarefa do primeiro anuncio correspóndelle a todo o pobo de Deus, non hai que esquecer, subliña Sarmentero, «que os laicos estamos chamados dun modo particular a ser testemuñas do Evanxeo no corazón do mundo (na familia, no traballo, no ámbito educativo, na política, nos medios de comunicación…)».

Desde a delegación teñen previsto publicar un video (6 de xuño) no que mostrarase como distintos movementos e asociacións de laicos, impulsadas polo Espírito Santo, saen ao mundo para anunciar a Xesucristo e ser testemuñas da esperanza cristiá no mundo. Ademáis, están dispoñibles nas parroquias os carteis anunciadores da Xornada.


Materiais para a reflexión, subsidios, vixilia e catequese

A Comisión Episcopal para os Laicos, Familia e Vida ofrece para a celebración desta Xornada materiais para a reflexión, subsidio litúrxico para o monitor e o celebrante, material para a celebración da vixilia de Pentecoste, ademáis de catequese para adultos, novos e nenos.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas