- A celebración enmárcase no Día Mundial en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico, e terá lugar o vindeiro 14 de novembro na concatedral de San Xiao
A Diocese de Mondoñedo-Ferrol sumarase este ano á conmemoración do Día Mundial en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico. Con este motivo, a Delegación de Pastoral da Carretera organiza unha eucaristía especial que se celebrará o sábado 14 de novembro, a las 19:00 horas, na concatedral de San Xiao de Ferrol. A celebración estará presidida polo bispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos.
Desde a delegación diocesana invítase de xeito especial a participar nesta eucaristía aos familiares das vítimas mortais e dos feridos nas estradas, así como ás asociacións de vítimas, aos colectivos do sector do transporte, aos condutores e ás autoridades vinculadas á seguridade viaria. A invitación faise extensiva tamén aos membros dos servizos de emerxencia —bombeiros, persoal sanitario e forzas e corpos de seguridade—, cuxa labor de auxilio e rescate resulta fundamental neste ámbito.
Con esta misa, a diocese pretende ofrecer un espazo de oración e consolo cristián a quen perdeu a seres queridos. Ao mesmo tempo, únese ao chamamento global para concienciar sobre a dor humana e as consecuencias sociais das traxedias viarias, así como sobre a necesidade de fomentar condutas responsables ao volante.
O Día Mundial en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico celébrase o terceiro domingo de novembro. Foi proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 26 de outubro de 2005. A xornada foi promovida inicialmente en 1993 pola organización RoadPeace e contou posteriormente co respaldo da Federación Europea de Vítimas de Tráfico e da Organización Mundial da Saúde (OMS). O seu obxectivo é honrar a memoria das persoas falecidas e lembrar a urxencia de reducir a sinistralidade nas estradas.
Ata o momento, no que vai de ano, rexistráronse 902 falecidos nas estradas españolas en 830 accidentes mortais. En Galicia, as vítimas ascenden a 76, en 69 sinistros mortais.










Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















