- A Diocese de Mondoñedo-Ferrol convoca un novo Cursillo de Cristiandade, «un espazo de pausa e discernimento persoal»
Do 20 ao 22 de novembro de 2026, a Diocese de Mondoñedo-Ferrol ofrece un novo Cursillo de Cristiandade no Seminario de Mondoñedo. A cita coincide co último domingo do ano litúrxico e coa festa de Cristo Rei, e propón un espazo de pausa e discernimento persoal.
A proposta parte da palabra de san Paulo: “No mundo hai moitos deuses e señores, pero nós temos un só Deus, o Pai, do que procede todo, e un só Señor, Xesucristo, por medio do cal existe todo e nós” (1 Co 8,6). Nunha vida a miúdo dominada por medos, angustias, afán de ter ou praceres, os Cursillos convidan a facer un “break” para preguntarse que cousas están a dirixir realmente a propia existencia e a atopar un camiño de liberdade en Cristo.
O encontro está aberto a persoas de todas as idades que aínda non teñan feito cursillos, especialmente xóvenes que están a buscar. Desde a organización animar a participar sen preocuparse polo prezo, xa que «cada quen dá o que pode».
O domingo pola tarde, familiares e amigos poderán sumarse para participar nas II Vésperas e nunha pequena merenda.
Para resolver dúbidas, pódese escribir ao email vic.evanxelizacion@mondonedoferrol.org ou chamar ao 699 735 419. A inscrición faise cubrindo este formulario en liña










Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















