Vigo acolleu a reunión dos delegados de Pastoral Vocacional de Galicia

Onte, martes 27 de maio, os delegados de Pastoral Vocacional das cinco dioceses galegas mantiveron un encontro no Seminario Maior «San José», en Vigo, acompañados polo bispo de Mondoñedo-Ferrol e responsable desta área pastoral na provincia eclesiástica de Santiago de Compostela, monseñor Fernando G. Cadiñanos. Durante a mañá, o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, achegouse ata o seminario vigués para saudar e coñecer o traballo interdiocesano que se está desenvolvendo.

Tras o breve momento de oración inicial, os delegados comezaron realizando unha valoración positiva do curso e, de forma especial, da participación no Congreso Nacional de Vocacións, que tivo lugar en Madrid entre o 7 e o 9 de febreiro. A continuación, os delegados proxectaron as liñas de traballo para o próximo curso, que incluirá algún encontro interdiocesano para axentes de pastoral e para mozos e mozas.

O diálogo tamén conduciu a unha reflexión sobre a situación actual da Pastoral Vocacional en Galicia. Ángel Carniceiro, delegado de Pastoral Vocacional da diocese de Tui-Vigo, explicou que un dos principais retos aos que se enfrontan as dioceses galegas é «contribuír e colaborar, para que o Evanxeo da vocación e a cultura vocacional vaian gañando máis presenza no corazón e a mente dos nosos diocesanos».

Con motivo do Congreso Nacional de Vocacións, o pasado mes de febreiro, renováronse as reunións dos responsables de Pastoral Vocacional de Galicia, co obxectivo de implementar unha nova cultura vocacional que poida impregnar toda a pastoral ordinaria nas diferentes dioceses. Como xa explicou o bispo mindoniense noutra ocasión, «temos moito camiño que realizar, vivimos un tempo que nos debe levar a camiñar máis en comuñón e unidade compartindo esperanzas, traballos e recursos en beneficio da nosa Igrexa en Galicia».


Tamén che pode interesar

Los delegados Pastoral Vocacional de Galicia retomaron en Ferrol sus reuniones periódicas

Da nosa diocese participou, ademáis do bispo, o vigairo para a Evanxelización e delegado de Pastoral Vocacional, o sacerdote Óscar Fdez. Expósito

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas