- Celebraranse, do 10 ao 12 de setembro, no mosteiro de Poio (Pontevedra)
Do 10 ao 12 de setembro celebraranse no mosteiro pontevedrés de Poio as XXXI Xornadas Sacerdotais das cinco dioceses de Galicia. Nesta ocasión, o lema que congregará aos presbíteros de todas as dioceses é «Por unha Igrexa máis sinodal e con esperanza».
Durante tres días compartiranse momentos de reflexión e de oración, ademais de convivencia e lecer. Organizado polas delegacións do Clero das cinco dioceses, entre os relatores destacan monseñor Luis Marín de San Martín, subsecretario do Dicasterio para o Sínodo; monseñor Jesús Vidal Chamorro, vicepresidente da comisión episcopal para o Clero e os Seminarios; Eva Fernández Mateo, presidenta nacional de Acción Católica Xeral; e monseñor Francisco J. Prieto Fernández, arcebispo de Santiago de Compostela.
Da nosa diocese intervirá o sacerdote Antonio Rúa, cun relatorio sobre relixiosidade popular.
En palabras do delegado diocesano do Clero, Antonio Rodríguez Basanta, as de 2025 serán unhas xornadas “que nos axudarán a situarnos no novo curso e que permitirán afrontar temas de actualidade desde unha perspectiva sacerdotal”.









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















