-
Abordáronse claves actuais da teoloxía bíblica e ferramentas didácticas innovadoras
-
A iniciativa, coordinada pola delegación de Ensino, busca facer a materia de Relixión máis accesible e atractiva para o alumnado
Aproveitando a xornada festiva da ponte de maio, a delegación diocesana de Ensino da organizou un encontro de formación dirixido ao profesorado de Relixión. Un total de 34 docentes déronse cita no Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo co obxectivo de afondar nos seus coñecementos e mellorar a transmisión dos valores bíblicos ás novas xeracións.
A sesión da mañá estivo a cargo do profesor Óscar Fernández, quen ofreceu unha completa ponencia de actualización en teoloxía bíblica. Durante a súa intervención, os asistentes puideron revisar os conceptos fundamentais e as correntes actuais de estudo, asentando as bases teóricas necesarias para un ensino rigoroso e adaptado aos desafíos do momento presente.
Tras a pausa para o xantar, a xornada adquiriu un carácter máis práctico da man de Simón Fernández, delegado diocesano. A sesión da tarde centrouse en como trasladar estes coñecementos teolóxicos ao día a día das aulas. Mediante o uso da pizarra dixital e diversas propostas didácticas, presentáronse ferramentas orientadas a facer o acceso á Biblia máis visual e atractivo para o alumnado, ao tempo que máis próximo e comprensible, facilitando así a asimilación de contidos complexos e fomentando a participación activa na clase.
Este tipo de encontros buscan fortalecer a dimensión pedagóxica do profesorado, en sintonía coa campaña promovida pola Conferencia Episcopal para impulsar a matrícula na materia de Relixión. O obxectivo é superar a media actual de alumnado inscrito en Galicia, situada arredor do 50 %.
A través desta iniciativa ponse de relevo a importancia da formación permanente do profesorado, apostando por metodoloxías renovadas que contribúan a facer da materia de Relixión un espazo de aprendizaxe atractivo, accesible e significativo para o alumnado galego.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















