- Monseñor Fernando García Cadiñanos presidiu un encontro centrado na sensibilización vocacional
- A xornada serviu para avaliar a última celebración vocacional e definir liñas comúns de futuro
Os delegados de Pastoral Vocacional das dioceses galegas participaron este martes 28 de abril nun encontro co bispo responsable da Pastoral Vocacional na provincia eclesiástica, monseñor Fernando García Cadiñanos, bispo de Mondoñedo-Ferrol, para avaliar a celebración da última Xornada Mundial de Oración polas Vocacións e polas Vocacións Nativas nas distintas dioceses e para programar accións vocacionais conxuntas de cara ao próximo curso pastoral.
A reunión desenvolveuse no marco da igrexa colexiata de Santa María a Real de Xunqueira de Ambía (Ourense), onde a xornada comezou cun intre de oración presidido por monseñor Fernando. A continuación, os participantes compartiron un espazo de traballo conxunto, avaliación, análise e diálogo, no que se puxeron sobre a mesa propostas concretas para impulsar unha nova cultura vocacional tanto no ámbito diocesano como interdiocesano.
Tras abordar os posibles temas do próximo encontro interdiocesano formativo de pastoral vocacional, incorporouse tamén á xornada monseñor Leonardo Lemos Montanet, bispo de Ourense, que compartiu a súa análise, achegas e reflexión sobre a pastoral vocacional na realidade da provincia eclesiástica.
A cita incluíu tamén momentos de convivencia e a oportunidade de coñecer o rico patrimonio do lugar. A xornada concluíu cun pequeno concerto didáctico de música sacra, aproveitando o singular órgano de tubos barroco-ibérico da igrexa colexiata, único no seu estilo, conservación e sonoridade.









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















