Solemnidade de Todos os Santos e conmemoración dos Fieis Defuntos na diocese

  • As celebracións terán lugar na capela do cemiterio de Catabois e na catedral de Mondoñedo, e están abertas a todas as persoas que desexen participar

Como vén sendo tradición nos últimos anos, o bispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos, presidirá diferentes celebracións con motivo da conmemoración dos Fieis Defuntos.

O día 2 de novembro, ás 17:00 horas, na capela do cemiterio de Catabois de Ferrol celebrarase unha eucaristía en sufraxio de todos os fieis diocesanos, especialmente polos que descansan neste cemiterio ferrolán. O acto está aberto a todas as persoas que desexen participar. Na mesma capela terá lugar tamén unha eucaristía co gallo da solemnidade de Todos os Santos, o 1 de novembro, ás 17:00 horas.

O luns 3 de novembro, ás 10:30 horas, a igrexa catedral de Mondoñedo acollerá unha misa funeral por todos os bispos e sacerdotes defuntos da diocese, con especial recordo para os sacerdotes falecidos durante o último ano: Rvdo. Francisco Gómez García, Rvdo. José Antonio Fernández Santos e o Rvdo. Jesús M. Vázquez Paz. A celebración estará presidida polo bispo diocesano e concelebrada por todos os sacerdotes que o desexen. Tamén neste caso, a misa está aberta a todas as persoas que queiran asistir.

A nivel parroquial, o bispo Fernando presidirá tamén a celebración da eucaristía nas seguintes parroquias da UPA Guitiriz-Begonte-Saavedra (visitando estas igrexas que non puido facer durante a visita pastoral): o domingo 1 de novembro, en San Pedro de Pígara (11:00 horas), Sambreixo de Parga (12:00 horas) e Santa Leocadia de Parga (13:00 horas).

Para coñecer os horarios de celebracións nas parroquias e UPA é preciso contactar directamente con elas a través de email ou teléfono, ou consultando as súas canles nas redes sociais.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas