Diocese e Xunta exploran vías de colaboración para mellorar a contorna de Santo André de Teixido

  • Monseñor Fernando García reuniuse coa delegada territorial, Martina Aneiros, para abordar o borrador do plan director de rehabilitación
  • O proxecto busca mellorar a conservación da contorna do santuario, que recibe preto de 100.000 visitantes cada ano

O bispo diocesano, monseñor Fernando García, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa delegada da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros, para coñecer o borrador do plan director de rehabilitación e posta en valor de sitios propios do santuario de Santo André de Teixido elaborado pola diocese e analizar posibles vías de traballo conxuntas.

O santuario de Santo André de Teixido é o segundo centro de peregrinación da comunidade autónoma e punto de referencia tanto para o turismo relixioso como para o cultural e de natureza polo seu emprazamento privilexiado na Serra da Capelada sobre uns cantís de 600 metros de altura -entre os máis elevados da Europa continental-.

Segundo os datos da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, o santuario recibe anualmente a preto de 100.000 visitantes, un volume de público importante que segundo se xustifica no borrador do plan director, esixe adaptar a contorna para garantir a conservación do patrimonio.

Este encontro, no que tamén tomou parte o director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Severino Álvarez, enmárcase dentro da rolda habitual de contactos que a delegada da Xunta vén mantendo con diferentes axentes e entidades do territorio para escoitar as súas demandas.

Fonte: Xunta de Galicia

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas