Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 13 de novembro de 2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Madre Ana, monxa carmelita de clausura en Belén
Desde a clausura, Ana mira o mundo de fronte. Esta carmelita descalza ferrolá, que durante anos foi priora do Carmelo de Santiago de Compostela, vive hoxe en Belén, no corazón da Terra Santa, unha terra marcada polo conflito, a dificultade e a necesidade de esperanza. Nunha breve visita a Ferrol, falamos con ela sobre a súa vocación, do peche do seu antigo mosteiro, do seu “renacer” en Belén e da forza dunha vida entregada á oración por toda a humanidade. É unha conversación sobre fe, silencio, refugallo e esperanza no medio da escuridade.
Para pensar: «El árbol»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de novembro encárganse o a comunidade relixiosa das Hermanas Apostólicas de Cristo Crucificado (O Barqueiro).
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos dunha forma máis pausada todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.
Tamén che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















