A diocese celebrou en Valdoviño a Xornada Mundial polo Coidado da Creación

  • Mondoñedo-Ferrol segue a traballar por unha xustiza ecolóxica, social e ambiental e por superar o divorcio existente entre a ecoloxía e a economía

A igrexa de Santa Olalla de Valdoviño, nun marco natural incomparable, acolleu onte luns 1 de setembro o acto central na nosa diocese para conmemorar a Xornada Mundial polo Coidado da Creación, unha iniciativa que lembra a importancia de protexer a creación e fomentar un estilo de vida sostible.

Esta xornada, instituida hai xa varios anos, conta agora cun apoio renovado grazas ao formulario litúrxico aprobado recentemente polo papa León XIV, que permite facer mención explícita desta preocupación nas eucaristías. O papa Francisco, coas súas encíclicas Laudato si’ e Laudate Deum, volveu a poñer no centro da vida cristiá a urxencia de coidar o planeta como don de Dios e herdanza de todos.

Con este motivo, a vigaría diocesana para a Caridade, en colaboración con Cáritas Mondoñedo-Ferrol, convocou un encontro de oración que rematou coa celebración da eucaristía. Nela participaron representantes de todos os estamentos diocesanos: parroquias e UPA, delegacións, voluntariado, Cáritas, Manos Unidas, comunidades relixiosas e seminaristas.

Baixo o lema elixido para a xornada, «Sementes de paz e esperanza», toda a diocese, cunha única voz, uniuse na oración e o compromiso cristián coa defensa da creación. Nas pregarias compartidas destacaron as referencias ao fin da violencia e a guerra, nunha procura das sementes de paz que buscan cambiar os estilos de vida e a camiñar xuntos.

Que o Xubileu nos axude a construír pontes de integración, a traballar por unha xustiza ecolóxica, social e ambiental e romper o divorcio existente entre a ecoloxía e a economía.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas