O pasado 13 de setembro tivo lugar un roteiro para a conversión ecolóxica organizado pola vigairía para a Caridade da diocese, que serviu celebrar o Tempo da Creación.
O lugar elixido foi un tramo do Camiño de San Andrés ao seu paso pola parroquia de Vilarrube (Concello de Valdoviño), no que laicos, sacerdotes e o propio bispo Fernando García tiveron a oportunidade de reflexionar acerca da situación do planeta e do noso propio compromiso persoal e comunitario en relación co coidado da casa común. As cinco estacións dispostas ao longo do camiño permitiron abordar as cuestións básicas da ecoloxía integral sobre o coidado da nosa contorna e das persoas, e de como a crise ambiental que vivimos está vinculada coa desigualdade social, sendo os máis afectados polas súas consecuencias quen menos contribúe.
O encoro das Forcadas, a capela da Fame e a propia parroquia de Vilarrube foron lugares de paso, parada, reflexión e oración, pero tamén de procura de solucións desde o pequeno e o próximo.
En palabras de Guillermo Leira, un dos membros da organización e guía de excepción na andaina, a actividade supuxo «unha boa oportunidade para estreitar lazos entre a comunidade nunha contorna cuns valores naturais e patrimoniais únicos, onde a man de Deus déixase ver dunha forma extraordinariamente evidente«.
Recursos/materiais especiais para vivir o Tempo da Creación
También te puede interesar
Un tiempo de la creación
Roteiro e fotografías para a conversión ecolóxica: propostas diocesanas para o Tempo da Creación










Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















