A diocese súmase á cadea de oración polo Sínodo dos Bispos

A iniciativa, organizada polas delegacións de Xuventude das dioceses españolas, contempla dous momentos en Mondoñedo-Ferrol os días 11 e 23 de outubro

Benqueridos amigos:

O motivo desta carta é o de comentarvos unha iniciativa que desde o departamento de Pastoral Xuvenil da Conferencia Episcopal e as delegacións diocesanas de Xuventude estamos a facer co gallo da celebración do Sínodo dos Bispos sobre “Os xoves, a fe e o discernimento vocacional” que ten lugar en Roma durante este mes de outubro.

A iniciativa consiste nunha cadea de oración polo Sínodo de todas as dioceses españolas. Invítasenos a orar polos froitos do Sínodo, e a nós tócanos nestas dúas datas:

+ 11 outubro, de 16 a 17 h.
+ 23 outubro, de 17 a 18 h. (Capela das NN. Escravas do Santísimo, en Ferrol)

O ideal sería que rezara a comunidade parroquial con esa intención, e alí onde poidades, invitar á xente a orar nunha vixilia, nun rato de adoración, ou na mesma celebración da eucaristía do día. O Sínodo é sobre os xoves, co cal se podedes invitalos a orar con todos, moito mellor. O que interesa é que desde esta Igrexa particular nos unamos en comunión con esta iniciativa a todas as dioceses españolas.

Ben sei que os horarios que nos propoñen son un pouco complicados, pero o que interesa é que oremos polo Sínodo, anque non sexa no horario marcado.

Máis nada, unha aperta de irmán, orando pola evanxelización dos máis novos da nosa Igrexa.

Antonio Valín Valdés
Delegado de Pastoral Xuvenil e Vocacional

 

Oración polo Sínodo

Señor Jesús, tu Iglesia en camino hacia el
Sínodo dirige su mirada a todos los jóvenes del
mundo.

Te pedimos para que con audacia se hagan cargo
de la propia vida, vean las cosas más hermosas y
profundas y conserven siempre el corazón libre.

Acompañados por guías sapientes y generosos,
ayúdalos a responder a la llamada que Tú diriges
a cada uno de ellos, para realizar el propio
proyecto de vida y alcanzar la felicidad.

Mantén abiertos sus corazones a los grandes
sueños y haz que estén atentos al bien de los
hermanos.

Como el Discípulo amado, estén también ellos al
pie de la Cruz para acoger a tu Madre,
recibiéndola de Ti como un don.

Sean testigos de la Resurrección y sepan
reconocerte vivo junto a ellos anunciando con
alegría que tú eres el Señor.

Amén.

 

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas