Varios membros do grupo de atención hospitalaria da nosa diocese participaron recentemente na XXVI Xornadas de Formación de Capeláns de Galicia, celebrada en Santiago de Compostela. O relatorio do encontro foi impartido polo delegado episcopal de Enfermos e Maiores da arquidiocese de Valencia e coordinador do SIPS de Levante, Luis Sánchez Ruíz. Este ano as xornadas centráronse no servizo de atención relixiosa católica nos hospitais como un instrumento para a evanxelización, destacando a importancia da participación dos enfermos como testemuño de esperanza no Xubileu 2025.
Sobre o vivido nestas Xornadas tivemos a oportunidade de conversar con tres participantes: José Luis Fernández Fernández, delegado de Pastoral da Saúde e Maiores da nosa diocese, e Luzma Pousa e Óscar Santiago, membros do servizo relixioso do Hospital Público da Mariña de Burela.
José Luis Fernández: «A enfermidade foi e segue a ser unha oportunidade privilexiada de encontro con Xesús»
Que supuxeron as pasadas Xornadas de Capeláns en Compostela?
A xornada foi extraordinaria, como oportunidade de formación, de encontro, de celebración tamén. Hai que ter en conta que ás veces é a única reunión no ano na que podemos xuntarnos e intercambiar experiencias, compartir inquedanzas, queixas incluso e por suposto moita esperanza. Nesta ocasión contamos coa participación de Luis Sánchez, delegado de Pastoral dos enfermos e maiores da arquidiocese de Valencia. Por un lado falounos dos enfermos e o Xubileu, destacando o protagonismo da esperanza no medio da enfermidade. Ademáis fixo un minucioso repaso das indulxencias e gracias xubilares, con especial claridade e profunda capacidade didáctica. Na segunda sesión achegounos ó tema do rexistro de actividade por parte dos servicios relixiosos hospitalarios, descubrindo detrás do propio traballo de recollida de datos e a elaboración dunha memoria de actividade, unha verdadeira oportunidade pastoral e unha imprescindible ferramenta para defender e fomentar a presenza dos Servizos Relixiosos nas institución sanitarias.
Podemos dicir que a enfermidade foi no mundo de Xesús un lugar privilexiado de encontro e que segue séndoo hoxe como espazo de acollida e procura?
A enfermidade foi e segue a ser un lugar, un espazo, un tempo, unha oportunidade privilexiada de encontro. Encontro con Xesús, que sae ó camiño, achégase, escoita, toca e déixase tocar polos enfermos como sinal da cercanía e da tenrura de Deus. Eu penso nos milagres de Xesús, paradigma do seu encontro co sufrimento, como a pegada reveladora e indelébel da tenrura de Deus no corazón da humanidade ferida. Tamén a enfermidade é lugar e oportunidade de encontro entre fraxilidades. A enfermidade é oportunidade de encontro na que a interdependencia se fai modelo de relación necesaria, axeitada, única e eficaz. A carón do enfermo estamos chamados a ser testemuños convencidos e fiables de esperanza, ministros da consolación.
Co enfermo e do enfermo tamén debemos estar dispostos a acoller e recibir o seu testemuño, ás veces de desesperanza e angustia, outras de fortaleza, de valor ou de fe. Todas estas experiencias son a realidade cotiá, nas que os axentes de pastoral e coidadores podemos aprender e debemos acoller para un adecuado acompañamento. O sufrimento pode sacar o mellor ou o peor de cada un e nós, os axentes de pastoral da saúde, os capeláns, os voluntarios debemos estar preparados e capacitados para axudar a descubrir a presencia sempre cercana de Deus que, aínda nos longos silencios, se mantén moi pretiño amándonos incondicionalmente.
Cales son os obxectivos e proxecto deste ano na delegación e que labor está a realizar cotidianamente en toda a área diocesana?
Este ano a programación da nosa delegación está orientada en torno a cinco obxectivos principais que aparecen recollidos na programación xeral diocesana e que tentaremos levar a cabo de maneira gradual e progresiva. Quixera porén destacar tres que me parecen fundamentais: a formación de grupos de Pastoral da Saúde e Maiores nos arciprestados; achegar a Pastoral da Saúde ás residencias e centros sociosanitarios; e promover a participación de todas as UPA na “Campaña do Enfermo” que inclúe a Xornada Mundial do Enfermo, o día 11 de febreiro, e a Pascua do Enfermo o 25 de maio. Este ano xubilar o lema da xornada é “En esperanza fomos salvados” Rm (8, 24), e traballaremos o tema da esperanza no medio da enfermidade e tamén o propio papel dos enfermos como testemuños de esperanza.
Luzma Pousa: «Nos dimos cuenta de la importancia de los servicios religiosos en los hospitales»
«Participar de las Xornadas de Capeláns de Galicia siempre resulta muy gratificante, ya que no sólo nos sirven para formarnos, sino que también nos dan la oportunidad de compartir con el resto de los capellanes inquietudes, dificultades, proyectos… Este año el poder profundizar sobre el Jubileo y los enfermos y descubrir cómo podemos hacerlos partícipes con ayuda de don Luis Sánchez, delegado episcopal para la Pastoral de Enfermos y Mayores del arzobispado de Valencia, nos ayudó a caer en la cuenta de todas las posibilidades que podemos ofrecer a nuestros enfermos y mayores. Don Luis también nos ayudó a ser conscientes de la cantidad de cosas que hacemos en los hospitales en nuestro día a día y la importancia que tiene que le demos valor a todo aquello que hacemos y a registrarlo todo. Es verdad que sólo cuando te hacen parar y miras todo lo que haces, te das cuenta de lo muy importante que son los servicios religiosos en nuestros centros hospitalarios».
Óscar Santiago: «Compartir experiencias con outros capeláns foi moi enriquecedor»
«O encontro foi para min unha experiencia moi positiva en canto que era a primeira vez que acudía. Os temas que explicou o ponente foron moi interesantes; dunha banda sobre as indulxencias, enmarcado na celebración deste ano santo de Roma, e a información detallada sobre as diversas accións que se poden realizar no ámbito da asistencia relixiosa nos hospitais. Tamén o compartir experiencias cos outros capeláns foi algo moi enriquecedor».
Ana García-Heras: «Siempre aprendes algo nuevo»
«Mi impresión de este encuentro es positiva. Tanto por el tema que siempre aprendes algo nuevo o caes en la cuenta de algo que ya sabías pero tomó otro cariz. Por otra parte se afianza la importancia sobre todo en este año de registrar la actividad. Este año se me ha hecho más corto el tiempo de compartir. Casi solo pudimos hacerlo en el café y en la comida. Es un tiempo enriquecedor para hablar de la forma de hacer en un hospital o en otro».
Reportaje de Javier Martínez Prieto
También te puede interesar
Campaña del Enfermo 2025: “En esperanza fuimos salvados” (Rom 8,24)
La atención religiosa en los hospitales de nuestra diócesis
Delegación diocesana de Pastoral da Saúde e Maiores