- Monseñor García Cadiñanos e monseñor Francisco José Prieto acompañaron á Pastoral Penitenciaria nas emotivas celebracións da Cea do Señor e do viacrucis
O Santo Triduo Pascual converteuse nunha profunda experiencia existencial no Centro Penitenciario de Teixeiro. Durante o Xoves e o Venres Santos, internos e internas compartiron coa Igrexa o recordo vivo do Prendemento, Paixón e Morte do Señor. Onde humanamente todo parece noite, Deus manifesta a súa luz e esperanza.
A Misa da Cea do Señor, celebrada o Xoves Santo, foi presidida por monseñor Fernando García Cadiñanos, bispo de Mondoñedo-Ferrol, acompañado por voluntarios e responsables da Pastoral Penitenciaria e Cáritas. O salón de actos acolleu uns oficios austeros e intensos, marcados polo emblemático lavatorio dos pés.
Onte, Venres Santo, o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto, presidiu a oración do viacrucis, con meditacións elaboradas por presos de Soto del Real. Máis dun centenar de internos participaron activamente nun acto de gran emotividade, seguido dun encontro persoal. A xornada concluíu coa visita á Unidade Terapéutica Educativa (UTE), onde o arcebispo compartiu tempo cos internos e internas da comunidade. Os participantes agasallaron a monseñor Prieto con recordos elaborados nos obradoiros educativos e interpretaron, da man de Alejandro, cantautor, o himno da UTE, que expresa a loita contra as adiccións.
A Pastoral Penitenciaria galega vive así o Triduo Pascual como tempo de encontro, esperanza e renovación da fe, especialmente entre aqueles que buscan a luz de Deus no medio da súa propia noite.









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















