A delegación diocesana de Pastoral Penitenciaria convócanos á II Convivencia Diocesana, que terá lugar o venres 20 de xuño nos locais parroquiais de San Paulo de Catabois, en Ferrol.
Nesta segunda edición non se vai falar directamente do cárcere, senón dunha cuestión que nos afecta persoalmente a todos sen excepción: a enfermidade mental. Estatisticamente, de forma constante, o 40 % de reclusos son enfermos mentais en distinto grao. O seu lugar non é nin o cárcere nin tampouco andar por aí soltos sen axuda.
Segundo indica o sacerdote Xaquín Campo, consiliario da Pastoral Penitenciaria na nosa diocese, «unha das consecuencias da covid 19 foi o aumento considerábel destas enfermidades na poboación e que non están sendo tratadas sanitariamente, nin de forma integral nin adecuada. Isto leva consigo un aumento de problemas de soidades patolóxicas en todas as idades, aumento de suicidios en todos os colectivos de forma preocupante e, por suposto, aumento de xente nos centros de prisión como única solución, onde tamén minguaron os servizos de atención médica e de enfermería de forma alarmante». A Pastoral Penitenciaria de todos os países e comunidades eclesiais «estamos preocupados por axudar o mellor posíbel tamén neste campo específico«, sinala na súa carta-convocatoria.
A poñente das xornada será a doutora Carmen Suárez Mujico, exdirectora de servizos médicos no Centro Penitenciario de Teixeiro. Xubilada desde hai un par de anos, anteriormente traballou no servizos sanitarios de Urxencias médicas no SERGAS e tamén nos servizo de helicópteros. Logo foi a impulsora do proxecto e programa PAIEM (Programa de Atención Integral a Enfermos Mentais). Segundo indica Xaquín Campo, «coñecín persoal e directamente o seu traballo no cárcere. Da súa calidade humana e profesional e da súa calidez de relación con cada persoa, son testemuña directa. Debo confesar que me teño emocionado e dado grazas a Deus, moitas veces, pola súa presenza humanitaria e de fonda empatía ante cada persoa».
O horario completo da xornada é o seguinte:
15:30 h. – Acollida e encontro cos asistentes.
16:00 h. – Presentación do acto e saúdo do bispo de Mondoñedo-Ferrol.
16:30 h. – Conferencia «Os enfermos mentais na familia e na sociedade», pola doutora Carmen Suárez Mujico.
17:30 h. – Descanso e convivencia.
18:00 h. – Conferencia «Os enfermos mentais no cárcere. Programa «PAIEM». A muller: maior vulnerabilidade», pola doutora Carmen Suárez Mujico.
19:00 h. Diálogo.
19:30 h. – Propostas e oración.
20:00 h. – Despedida.
? La pastoral penitenciaria de @mondonedoferrol denuncia la falta de atención en salud mental en las cárceles
⛓ Xaquín Campo advierte del deterioro creciente en la atención psicológica y psiquiátrica tanto en la sociedad como dentro de las prisiones https://t.co/McRMn7PDS9
— COPE Galicia (@CopeGalicia) May 29, 2025








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















