Cáritas de Mondoñedo-Ferrol interpuxo unha queixa ante a Valedora do Pobo contra a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de A Coruña, ao constatar dende os seus servizos de acollida e acompañamento a negación sistemática da expedición da Tarxeta Sanitaria a menores estranxeiros que viven en Galicia cando levan menos de tres meses (90 días), ao ser considerada “estancia” e non “residencia”. A queixa refírese, especialmente, a menores en situación de vulnerabilidade a quen se lles nega a asistencia sanitaria ao longo dese tempo, ao abeiro da interpretación da Lei 16/2003 do 28 de maio de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde, segundo redacción dada este polo Real Decreto-lei 7/2018, do 27 de xullo, sobre o acceso universal ao Sistema Nacional de Saúde.
Cáritas alegou que dito Real Decreto garante a universalidade da asistencia, é dicir, a garantir o dereito á protección da saúde e á atención sanitaria, nas mesmas condicións, a todas as persoas que se atopen no Estado español, independentemente do tempo que leven, e de xeito especial si se atopan en situación de vulnerabilidade.
Segundo a Valedora do Pobo, “no que atinxe ao expediente de queixa presentado por Cáritas, non estamos diante de situacións que comprometan o sistema nin que se faga mal uso do mesmo, senón ante unha posible negación de asistencia sanitaria a persoas en situación vulnerable, especialmente mulleres e nenos, que non poden acreditar atoparse en España dende hai mais de 90 días, pero que si se atopan en condicións sociais precarias e sen recursos para facer fronte aos gastos sanitarios que precisan (procesos de embarazo e outros)”.
Cáritas de Mondoñedo-Ferrol acompaña anualmente a máis de 4000 persoas ao acceso os seus dereitos, dos que o 45% son persoas migrantes e algo mais do 25% son menores de idade. “Esta valoración da Valedora do Pobo constitúe un gran paso para instar as administracións, e neste caso, a Consellería de Sanidade, que actúe como garante de dereitos de todas as persoas”, señala Marta Pazo Paniagua, secretaria xeral de Cáritas de Mondoñedo-Ferrol.
Fonte: Cáritas Mondoñedo-Ferrol








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















