O Consello da Xunta deu luz verde á renovación do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e as dioceses galegas para contribuír a pequenas actuacións de conservación e mantemento de 16 igrexas parroquiais que forman parte do patrimonio cultural de Galicia. Así, o acordo contempla este ano unha achega de 600.000 euros para realizar distintas intervencións de protección e rehabilitación nestes bens ao longo do ano.
Achegas aos templos diocesanos de Dores (Ferrol), Quende e Portocelo
Ao abeiro deste convenio, se achegarán 94.800 euros á nosa diocese de Mondoñedo-Ferrol, que permitirán mellorar as condicións da igrexa de Nosa Señora das Dores, en Ferrol, con traballos de limpeza e consolidación das súas torres, e renovar as cubertas de Santiago de Quende, en Abadín, e da igrexa de San Tirso de Portocelo, en Xove.
Colaboración estable
O convenio renovado forma parte do compromiso do Goberno galego coa preservación do patrimonio cultural de todo o territorio e enmárcase na colaboración estable que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude mantén coas dioceses galegas para a posta en valor dos seus bens máis senlleiros.
Cómpre destacar que moitos dos bens culturais da Igrexa están incorporados á lista do patrimonio mundial ao estar vencellados ao Camiño Francés e aos Camiños do Norte, ademais de contar con grandes mosteiros, abadías, conventos, conxuntos catedralicios e diferentes monumentos declarados Ben de Interese Cultural.
Fonte: Xunta de Galicia
Ao abeiro deste convenio coa @Xunta, se achegarán 94.800 € á diocese @mondonedoferrol
? Mellora da igrexa de Dores, en #Ferrol, con traballos de limpeza e consolidación das súas torres
? Renovación das cubertas de #Quende (Abadín) e da igrexa de #Portocelo (Xove) https://t.co/qLssWvnxN8
— Diócesis de Mondoñedo-Ferrol (@mondonedoferrol) July 1, 2025








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















