Celebración da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia 2025

Onte domingo, 28 de xuño, a catedral de Lugo acolleu a tradicional Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento dentro da Solemne Misa Pontificia da Oitava de Corpus. Nesta ocasión presidiu a eucaristía o arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco Prieto, que recibíu a ofrenda da alcaldesa da cidade de Betanzos, María Barral.

Participaron tamén o bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco; o bispo de Ourense, monseñor Leonardo Lemos; o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín; o bispo de Mondoñedo Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos; o arcebispo emérito de Santiago, monseñor Julián Barrio e o Bispo emérito de Tui-vigo, monseñor Luis Quinteiro; así como representantes das cidades do Antigo Reino e outras autoridades políticas e militares.

O arcebispo de Santiago comezou a súa homilía manifestando que “A celebración da eucaristía, con motivo da Ofrenda ao Santísimo Sacramento, sitúanos no centro da nosa vocación cristiá: ser santos, ser cada un, unidos a Xesús, pan partido para a vida do mundo”.

E neste ano do Xubileo da Esperanza, monseñor Prieto manifestou: “ante a realidade crúa e dramática da violencia e das discordias, nun mundo ferido e cheos de sombras [conflitos, guerras, mulleres maltratadas migrantes, nenos, casa común…], nun tempo no que a desesperanza nos asalta, necesitamos reavivar aquela a esperanza que non declina, a que nos vén do mesmo Cristo”.

A presenza real de Cristo na eucaristía é un signo profético da esperanza: “É preciso lembrar que quen participa na eucaristía ha de empeñarse en construir paz e denunciar as circunstancias que van contra a dignidade de todo home, pola cal Cristo derramou o seu sangue, afirmando así o valor tan alto de cada persoa. Se non tomamos conciencia disto, as nosas eucaristías aproxímanse á incoherencia”.

A adoración a Cristo na eucaristía lévanos a recoñecer a Xesús no rostro do irmán: “A presenza real de Cristo na eucaristía está a convidarnos a entrar no verdadeiro camiño do amén cristián, aquel que se verifica na entrega radical e integral a favor dos homes para que teñan vida abundante”.

E finalizou recordando que “a nosa caridade non pode ser meramente paliativa ou asistencial, senón que debe ser preventiva, curativa e propositiva. Caridade é acompañar, abrir portas, ofrecer posibilidades que permitan vivir con xustiza e dignidade”

Rematada a Santa Misa tivo lugar a procesión co Santísimo polas rúas do centro da cidade de Lugo.

Delegación diocesana participante en la Ofrenda

Fonte: Diocese de Lugo

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas