Aberta a preinscrición para o Campamento Diocesano 2023

Sabes que vas facer durante os últimos días de xullo? Queres embarcar nunha aventura incrible este verán? Presta atención; pois agora mesmo tes entre as túas mans a proposta ideal para gozar dun xeito especial de parte dos teus días de vacacións, tes o mellor motivo para saír da casa en busca de incribles emocións, tes a escusa perfecta para coñecer novas amizades…

Como vén sucedendo dende hai máis de 40 anos, o Colectivo Campamento Diocesano de Mondoñedo-Ferrol, en colaboración coa delegación de Xuventude da nosa diocese, organiza un campamento para rapaces e rapazas (nados entre os anos 2007 e 2014) durante o mes de xullo, no seminario menor Santa Catarina en Mondoñedo. E se naciches no 2005 ou antes e queres colaborar connosco durante os días do campamento, non tes máis que preguntar no noso correo electrónico.

Dende estas páxinas queremos ensinarvos un pouquiño todas esas actividades das que ides poder gozar en Mondoñedo durante os días do campamento. Se xa pasaches con nós algún verán máis, seguro que estás agardando a que chegue o momento de marchar para o campamento; se estás pensando en vir por primeira vez, non o dubides máis, seguro que repetirás. Agardámosvos en Mondoñedo do 23 ó 30 de xullo.

Non tes máis que enviar a ficha de preinscrición (tamén podes facelo a través deste formulario web) antes do 16 de xuño de 2023 a: Colectivo Campamento Diocesano, Apartado de Correos 34, 27780 Foz (Lugo), por correo electrónico a: campadiocesano@hotmail.com ou se queres tamén podes inscribirte na nosa páxina web. Tamén está dispoñible o móbil 644 028 949. Para máis información podes preguntar na parroquia ó teu sacerdote ou catequista.

Durante os días do campamento imos xuntarnos moitas persoas en Mondoñedo, isto supón un gasto para todos. O prezo do campamento será de 160 €.


Descargas

Tríptico informativo
Cartel Campamento 2023

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,555SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas