Aberta a preinscrición para o Campamento Diocesano 2025

Sabes que vas facer durante os últimos días de xullo? Queres embarcar nunha aventura incrible este verán? Presta atención; pois agora mesmo tes entre as túas mans a proposta ideal para gozar dun xeito especial de parte dos teus días de vacacións, tes o mellor motivo para saír da casa en busca de incribles emocións, tes a escusa perfecta para coñecer novas amizades…

Como vén sucedendo dende hai máis de 40 anos, o Colectivo Campamento Diocesano de Mondoñedo-Ferrol, en colaboración coa delegación de Xuventude da nosa diocese, organiza un campamento para rapaces e rapazas (nados entre os anos e 2009 e 2016) entre os días 20 e 27 de xullo, no seminario Santa Catarina en Mondoñedo.

Dende estas páxinas queremos ensinarvos un pouquiño todas esas actividades das que ides poder gozar en Mondoñedo durante os días do campamento. Se xa pasaches con nós algún verán máis, seguro que estás agardando a que chegue o momento de marchar para o campamento. Se estás pensando en vir por primeira vez, non o dubides máis, seguro que repetirás.

Non tedes máis que enviar a ficha de preinscrición antes do 6 de xuño de 2025 á dirección de email campadiocesano@hotmail.com ou a través deste formulario online

Para máis información:
campadiocesano.wixsite.com/campadiocesano
644 028 949
campadiocesano@hotmail.com

Tamén podedes preguntar na parroquia ao voso sacerdote ou catequista.

Durante os días do campamento imos xuntarnos moitas persoas en Mondoñedo, isto supón un gasto para todos. O prezo do campamento será de 170 euros.

E se naciches no ano 2007 ou antes e queres colaborar co Campamento, non tes máis que preguntar no noso correo electrónico.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas