No contexto actual dunha realidade social complexa onde dende Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol acompañamos a aquelas persoas cuxos dereitos humanos están sendo vulnerados, a nosa misión encádrase en facer visíbeis ditas situacións e no acompañamento no acceso ao mesmos.
O noso modelo de acción social invítanos a mirar dende a perspectiva dos dereitos humanos detectando realidades nas que atopamos inxustizas, necesidades e tamén capacidades e potencialidades nas persoas que acompañamos posibilitando dende dita perspectiva o seu proceso de promoción persoal e social.
Neste marco, celebraremos o día 2 de xuño de 2024 o Día da Caridade (CORPUS), tendo esta data un sentido moi particular para a nosa entidade.
Un dos obxectivos de dita campaña é visibilizar os diferentes colectivos que acompañamos dende os distintos programas da entidade: persoas maiores en situación de soidade, familias e infancias en situación de exclusión social, atención a persoas en situación de sen fogar, acollida e acompañamento nas Cáritas Parroquiais, emprego e formación. Outro dos obxectivos é a captación de fondos para poder facer efectiva a atención a ditas participantes.
Caridad 2024
¡Te esperamos! pic.twitter.com/o4Ahn7qSwt— Cáritas Mondoñedo-Ferrol (@CaritasMondoFer) May 15, 2024
Dentro das actividades incluidas na campaña deste ano, cuxo lema é «Allí donde nos necesitas. Abrimos camino a la esperanza», na zona de Ferrolterra atópase a III Andaina Solidaria Inclusiva. Memorial Carmela Primo, en recordo á nosa compañeira e educadora social falecida en xuño do pasado ano. Dita andaina levarase a cabo o sábado 1 de xuño de 2024. Sairemos dende a Praza de Armas e a Igrexa de San Nicolás de Neda ás 11 da mañá percorrendo un tramo do Camiño Inglés duns 7 km aproximadamente que rematará coa xuntanza dos dous grupos na Praza de Galicia, Narón. O importe do dorsal será de 8 euros, existindo a posibilidade de adquirir un dorsal solidario. Ditos dorsais poderan adquirirse nas diferentes Cáritas parroquiais de Ferrol e Narón, o Centro de Día de Inclusión Social “Gabriel Vázquez Seijas” (Rúa Magdalena 221), nas farmacias solidarias e no seguinte enlace https://forms.office.com/e/DnEwccsbMV. Para iso, solicitamos e animamos á colaboración da cidadanía, entidades sociais e entes públicos na participación desta iniciativa solidaria.
Na zona da Mariña, a andaina terá lugar o sábado 25 de maio, cun toteiro circular de seis kilómetros de distancia con saída e chegada na praia do Coto, con concello de Barreiros. Ás 09:00 horas sairá un autobús desde Viveiro, con paradas en Xove, San Cibrao, Burela e Foz a ta Barreiros.
Fonte: Cáritas Mondoñedo-Ferrol









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















