O equipo da delegación diocesana de Catequese e Catecumenado, co afán de manter viva a ilusión e animar na súa labor ministerial, convídanos a participar na próxima Asemblea Diocesana de Catequistas, baixo o lema «Catequistas, peregrinos de esperanza», neste Ano Xubilar 2025. Será, segundo indica o delegado diocesano, Carlos Miranda, «un espazo de encontro e oración para afondar na nosa vocación e ministerio, e animar a nosa laboura con novas iniciativas e testemuñas».
O encontró terá lugar o sábado 26 de abril no Seminario de Mondoñedo, co seguinte planning: acollida (10:15 h.), oración e saúdo do delegado diocesano (10:30 h.), ponencia «A vocación do catequista» (10:50 h.), tempo de café e descanso (11:30 h.), equipos de traballo (12:00 h.), eucaristía na catedral (13:30 h.), xantar (14:15 h.) e peche (16:15 h.).
Para o xantar haberá dúas posibilidades: ben levalo cada un desde casa ou reservar previamente o menú do día do Seminario (o prezo é de 11 euros e hai que indicalo ao facer a inscrición).
Para formalizar a inscrición é necesario enviar un email á delegación antes do 21 de abril, indicando, polo menos, o número de asistentes por parroquia/UPA por cuestións de organización e aforo. A dirección é a seguinte: dcatequese@mondonedoferrol.org
Tamén che pode interesar
Delegación de Catequese e Catecumenado
Xubileu dos catequistas (26-28 setembro, Roma)
Novos materiais para vivir o Xubileu 2025: catequese e orientacións para a oración en familia