O vindeiro 27 de maio, véspera da solemnidade de Pentecoste, na catedral de Mondoñedo (19:00 horas), o bispo Fernando García Cadiñanos confirmará aos adultos da nosa diocese que neste curso se foron preparando nos diferentes arciprestados e parroquias.
Así o anunciou, nunha carta enviada ás parroquias e UPA, o responsable do catecumendao de Mondoñedo-Ferrol, Carlos Miranda:
«A confirmación remata a iniciación cristiá, momento moi importante na vida dun cristián, e que nos últimos anos nos ofrece unha oportunidade de vivir e ofrecer un itinerario de catequese de adultos a quenes, por diversas razón, a interrumpiron.
A experiencia dos últimos anos é moi positiva, porque adultos de toda condición, de diferentes ámbitos da diocese, profesionais de tódolos campos e persoas migrantes chegadas nos últimos anos, conflúen nun itineraio que lles axuda a reformular a fe na adultez da súa vida; polo que é una oportunidade de ouro para as nosas parroquias, unidades pastorais e arciprestados para esta nova etapa evanxelizadora que nos pide o papa Francisco».
Cercana xa a celebración, é necesario cubrir este formulario e envialo canto antes á dirección de email de delegación de Catequese: dcatequese@mondonedoferrol.org







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















