Presidida polo bispo, terá lugar na catedral de Mondoñedo o sábado 4 de xuño
27 abril 2022.- Recuperando a normalidade en aforos e posibilidades de acción pastoral nas nosas parroquias, a catequese nos distintos ámbitos e idades púidose ir realizando con certa normalidade. Así mesmo, seguro que tamén, o acompañamento dalgúns adultos que solicitaron a confirmación, e que logo dun proceso de formación considerades aptos para acceder ó sacramento.
A celebración comunitaria da confirmación de adultos vaise facendo costume na diocese, presidida polo noso bispo e na nosa catedral, dándolle así un significado e un realce maior, polo que sería desexable que os maiores da diocese que solicitan o sacramento o fagan nesta celebración, e non nas dos rapaces.
Este ano en curso, como xa se anunciara, terá lugar o sábado de Pentecoste, 4 de xuño, ás 19:00 horas, logo da inscrición previa (a través do documento adxunto que é necesario que remitades ao correo electrónico trevin@mondonedoferrol.org).
Que a forza do Espírito anime o noso compromiso de fe.
Delegación de Catequese







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















