«El Espejo» (21.06.2024): Viaxe a Tui acompañando a Antonio Valín + Acollida cristiá aos peregrinos

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 21 de xuño de 2024. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: Chema Pérez, delegado diocesano de Peregrinacións e Camiño de Santiago

A diocese inaugurou recentemente o primeiro punto de acollida cristiá ao peregrino, situado na igrexa do Socorro, no barrio portuario de Ferrol Vello, ao que moi pronto se sumará outro no mosteiro de San Martiño do Couto de Narón. Desta nova proposta falaremos co delegado diocesano do Camiño de Santiago, Chema Pérez, así como da peregrinación que se está a organizar para acompañar ao xa bispo electo de Tui-Vigo, Antonio Valín, o vindeiro 20 de xullo, con motivo da súa ordenación episcopal.


Para pensar: «Los últimos momentos con ella»

A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade relixiosa da nosa diocese. Durante este mes de xuño encárgase o equipo da delegación diocesana de Pastoral Xuvenil.


Horizontes desde Loiba

Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas