O pasado sábado 27 de abril reuníronse algo máis de cincuenta catequistas, sacerdotes e relixiosas, acompañados durante toda a xornada polo bispo Fernando García Cadiñanos, no colexio La Salle de Ferrol, en asemblea de catequistas «para atoparnos, analizar e animar o noso labor fundamental na tarefa evanxelizadora da Igrexa».
Compartimos a crónica desta xuntanza que preparou o equipo da delegación diocesana de Catequese:
«Logo dunha dinámica de presentación rezamos pedindo luz e sentíndonos unidos á vide verdadeira que é Cristo, o noso delegado diocesano, Carlos Miranda, presentounos e lembrounos os obxectivos da delegación para este ano, entre os que estaba a realización de asemblea, e tamén o equipo da delegación, que interviron nos distintos momentos da asemblea. Continuou lembrándonos o que o novo Directorio para a catequese (2022) nos pide como catequistas, o que espera da catequese e a proposta de formación para os catequistas: O SER, O SABER, E O SABER SER CON dos catequistas.
Para analizar como estamos fixemos un DAFO (dificultades, ameazas, fortalezas, oportunidades), que desenvolvemos por grupos e resultou moi participada e ilustrativa. Logo, Vicki, representante de PPC, presentounos o proxecto «VENID Y VEREIS» (VEN E VERÁS), un bo complemento catequético para a catequese, baseado en relatos bíblicos e do evanxeo para favorecer a experiencia de Deus nos catequizandos.
Logo de xantar puxemos tamén en común o noso traballo de grupos e levámolo a eucaristía, na que, presididos polo bispo, lembramos a nosa misión de CONTAR E PERSERVERAR, e sentirnos enviados pola comunidade na nosa misión.
Agradecidos a cantos viñésedes e fixestes tan fraterno este día».








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















