Baixo a presidencia do bispo Fernando García Cadiñanos, o pasado pasado o 28 de outubro tivo lugar no Seminario de Mondoñedo a reunión de comezo de curso da asemblea plenaria do Consello Diocesano de Pastoral (CDP). Nas súas palabras de benvida, o prelado quixo suliñar que este consello «é o órgano máis palpábel a nivel diocesano onde se avalía, escoita e acolle a realidade sinodal».
Seguindo os puntos da orde do día, na reunión interviron o vigairo para a Sinodalidade, o sacerdote Antonio Rodríguez, cun relatorio baseado nos ministerios laicais na Igrexa; e a delegada de Laicos, Familia e Vida, Mar Sarmentero, quen expuxo o proxecto pastoral para o desenvolvemento dos ministerios laicais, entendidos como vocación de servizo á comunidade. Tras estas intervencións, os membros do consello reuníronse en grupos de traballo para reflexionar e facer propostas sobre o plan pastoral presentado.
Na parte final, avanzáronse varias informacións de carácter diocesano e eclesial, como a próxima convocatoria de eleccións dos membros do CPD en cada arciprestado, co fin de que o novo consello poda constituirse nun prazo breve de tempo. Doutra banda, o bispo informou sobre a recente publicación do Informe do Defensor do Pobo sobre os abusos sexuais a menores na Igrexa en España. Lembráronse tamén algunhas datas de especial interese para os vindeiros meses, como a asemblea diocesana do vindeiro 4 de novembro, a Xornada Mundidal dos Pobres (19 de novembro), o Día Internacional dos Dereitos do Neno (26 de novembro), os retiro de Advento para laicos en Mondoñedo (9 de decembro) e en Ferrol (10 de decembro) e a Xornada da Sagrada Familia (31 de decembro).



Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.























