«El Espejo» (08.03.2024): Día Internacional da Muller + Actividades da Pastoral Xuvenil na Coresma-Semana Santa

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 8 de marzo de 2024. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: Luzma Pousa, Igrexa polo Traballo Decente

Hoxe venres 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller. Reducir a fenda de xénero segue sendo un dos grandes retos da nosa sociedade. Así nolo constata a plataforma Igrexa polo Traballo Decente, subliñando que “o 8 de marzo é un recordatorio constante da loita incansable das mulleres pola igualdade, a xustiza e o recoñecemento en todos os ámbitos”. Para dar a coñecer a acción social desta plataforma está connosco Luzma Pousa, unha das persoas que integran a comisión diocesana polo traballo decente.


Entrevista: Jorge Rodríguez, delegado de Xuventude

A delegación diocesana de Mocidade desenvolve durante este tempo de Coresma-Semana Santa un bo número de actividades e propostas, que van desde charlas, unha peregrinación a través de varias etapas do Camiño de Santiago e espazos especializados durante a próximo Festa Diocesana da Misericordia. Para contarnos en que consisten de forma máis detallada e darnos todas as indicacións para que podamos apuntarnos a participar, está connosco no programa Jorge Rodríguez Pazos, o noso delegado de Pastoral Xuvenil.


Para pensar: «La lámpara y el ciego»

A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade relixiosa da nosa diocese. Durante este mes de marzo, de xeito especial, encárganse as relixiosas das Hijas de la Virgen de los Dolores de Ferreira do Valadouro (Lugo).


Horizontes desde Loiba

Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas