Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 10 de febreiro de 2023. Magacine semanal de actualidad diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
#RADIO 📻🔴 É venres e xa estamos a preparar o novo programa de #ElEspejoMF! 🙌🏽
Estarán con nós o delegado de @pastoralsaudemf, José L. Fernández, e a delegada de Laicos, Familia e Vida, Mar Sarmentero
Escoitámonos ás 13:30 h. en @CopeFerrol @copedelacosta 🔊🔊🔊🔊😋 pic.twitter.com/ZMYNWxGZVj
— Diócesis de Mondoñedo-Ferrol (@mondonedoferrol) February 10, 2023
Entrevista: José Luis Fernández, delegado de Pastoral da Saudé e Maiores
Entrevista a José Luis Fernández, delegado diocesano de Pastoral da Saúde e Maiores, co gallo da Xornada Mundial do Enfermo, que celebramos mañá sábado. Con el tamén falamos do ciclo de conferencias «Aula Aberta» do arciprestado de Ferrol, centradas nesta edición na era do postcovid. José Luis será o vindeiro ponente, o vindeiro martes en AFundación Ferrol, e centrará a súa intervención no tema «A pandemia que nos cambiou». Analizaremos tamén o papel do nosos maiores na sociedade e o papel tan importante que levan a cabo nas nosas parroquias e UPA, en diversos ámbitos, como o voluntariado, o acompañamento ás familias ou a catequese.
Entrevista: Mar Sarmentero, delegada de Laicos, Familia e Vida
Intervención da nosa delegada de Laicos, Familia e Vida, Mar Sarmentero, co gallo da celebración da Semana do Matrimonio, entre o 13 e o 19 de febreiro, cunha programación diocesana ampla e suxerente, na que poderemos participar nun retiro online para parellas, un cineforum e a exitosa proposta dun roteiro e cea romántica por Mondoñedo.
Para pensar: «Abrir os ollos á verdade de Deus»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade relixiosa da nosa diocese. Durante o mes de febreiro nos acompañarán as Hijas de la Caridad do Centro Asistencial San Pablo e San Lázaro de Mondoñedo.
Horizontes desde Loiba
Con el sacerdote Javier Martínez os resumimos, de una forma más pausada, todo lo que fue noticia durante la semana en Mondoñedo-Ferrol.