Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 11 de setembro de 2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Simón Fernández, delegado de Ensinanza
Con motivo do inicio do curso escolar 2026-2027, a Diocese de Mondoñedo-Ferrol organiza por primeira vez unha eucaristía de inicio de curso aberta a toda a comunidade educativa: profesores, persoal non docente, familias e alumnos. Celebrarase o xoves 17 de setembro na concatedral de San Xiao, en Ferrol, e estará presidida polo bispo Fernando García. Ao remate da eucaristía terá lugar a cerimonia do envío do profesorado de Relixión que recibe este ano a ‘missio’, e previamente, ás 17:30 horas, haberá un encontro formativo sobre a encíclica Magnifica Humanitas e os desafíos educativos da intelixencia artificial. Para coñecer todos os detalles desta iniciativa, hoxe acompáñanos Simón Fernández, delegado diocesano de Ensino.
Entrevista: Martina Sendino, Fillas do Divino Celo de Burela
Este sábado 12 de setembro, a igrexa parroquial de Burela acolle os actos do 25º aniversario da comunidade das Fillas do Divino Celo–Rogacionistas, cun acto institucional, a presentación da nova Fundación San Aníbal e unha eucaristía de acción de grazas. Para coñecer todos os detalles desta efeméride e o percorrido da súa obra social en A Mariña, hoxe acompáñanos Martina Sendido, relixiosa das Fillas do Divino Celo de Burela.
Para pensar: «Perdoar non é xusto, é amor: a historia de Marcelino»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de setembro encárganse o Servizo Diocesano de Comunicación.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos dunha forma máis pausada todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.
Tamén che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















