«El Espejo» (19.09.2025): Novo curso pastoral + Novo presidente da Junta Cofradías de Ferrol + Entrega missio canonica

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 19 de setembro de 2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado durante estes meses polo sacerdote Javier Martínez, en substitución de Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: Luzma Pousa, secretaria do Consello Diocesano de Pastoral

Mañá sábado terá lugar en Mondoñedo a reunión do Consello Diocesano de Pastoral. Este órgano formouse en xaneiro de 2024, buscando ter un carácter sinodal, tanto na súa composición como polo seu funcionamento. Está composto por trinta e un membros e na representación seglar participan membros dos diferentes arciprestados, a directora de Cáritas, un representante das Confrarías de Semana Santa, varios delegados e unha relixiosa. Hoxe temos connosco á súa secretaria, Luz María Pousa, con quen falamos das novidades que leva aparexadas este novo curso que agora comezamos.


Entrevista: Fernando Iguacel, presidente da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Ferrol

O bispo Fernando García comunicou este luns que Fernando Iguacel será o novo presidente da Junta General de Cofradías de la Semana Santa de Ferrol, tras concluír a etapa de César Carreño, nomeamento que terá unha vixencia de cinco anos. Fernando leva toda unha vida na Semana Santa Ferrolá, facéndose confrade en 1977. Monseñor Gea Escolano dixo del que era o “eterno secretario” da súa Semana Santa. Hoxe o coñecemos más de preto e tamén as liñas de traballo qsobre as que se baseará a súa dirección ao fonte da Junta.


Entrevista: Simón Fernández, delegado de Ensinanza

Hoxe venres terá lugar a entrega da missio canonica ao profesorado de Relixión da diocese, nun acto organizado por la delegación de Ensinanza, encargada de todo o referente á docencia da materia de Relixión católica dentro do marco do ensino escolar, tanto no ámbito da escola pública como da concertada. Estivo connosco o seu delegado, Simón Fernández, quen nos achega o significado deste acto que rematará cunha eucaristía comunitaria. Feliz comezo de curso!


Tamén che pode interesar

Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas