«El Espejo» (13.10.2023): Traballo Decente + Cursiño da Pastoral da Saúde de Galicia

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 13 de outubro de 2023. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: Tere Vilariño, presidenta da HOAC Mondoñedo-Ferrol

Falamos con Teresa Vilariño, responsable da Irmandade Obreira da nosa diocese, con quen falaremos dos actos diocesanos co gallo da Xornada Mundial do Traballo Decente 2023. Comezarán cunha marcha que partirá da porta do asteleiro Navantia en Ferrol, para rematar cunha vixilia na igrexa do Carmen; en en Viveiro, o vindeiro domingo 15, cunha eucaristía. No seu manifesto, “Un traballo decente ten que ser un traballo saudable”, lembra que o traballo é sempre un “medio imprescindible para o recoñecemento da sagrada dignidade das persoas” e nunca “un castigo para as persoas”.


Entrevista: José Luis Fernández, delegado de Pastoral da Saúde

Baixo o suxerente título de «Con Xesús SanaMente», os equipos das delegacións de Pastoral da Saúde das cinco dioceses de Galicia reuniránse mañá sábado en Mondoñedo convocados nun cursiño rexional. Para coñecer o contido deste encontro falaremos co delegado diocesano, José Luis Fernández. Ademáis, coñeceremos as novidades que xa está a preparar a delegación para o novo curso. Non a perdades!


Para pensar: «Satanás vende su stock de tentaciones»

A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade relixiosa da nosa diocese. Durante este mes de outubro encárganse de preparala as Discípulas de Xesús de Ferrol.


Horizontes desde Loiba

Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas