Baixo o suxerente lema «Con Xesús SanaMente», e coa referencia do evanxeo de san Xoán “Déixovo-la paz, dóuvo-la miña paz: eu non vola dou como o mundo a dá. Non vos angustiedes nin teñades medo” (Xn 14,27), a diocese acollerá o vindeiro 14 de outubro o 42º Cursiño Rexional da Pastoral da Saúde de Galicia. Será en Mondoñedo, pola mañá, e grazas á colaboración do concello, no salón de actos municipal «Pascual Veiga», e na tardiña, con actos programados no seminario e na catedral.
Na súa organización participan a delegación diocesana de Pastoral da Saúde e Maiores, o SIPS (Secretariado Interdiocesano de Pastoral da Saúde, formado polas delegacións de Pastoral da Saúde das dioceses de Lugo, Santiago de Compostela, Ourense, Tui-Vigo e Mondoñedo-Ferrol). E contará coa colaboración, ademáis da municipal, dos equipos de Pastoral da Saúde do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e do Hospital Público da Mariña, e a Asociación Saúde Mental A Mariña.
Para formalizar a inscrición é necesario contactar directamente delegados de Pastoral da Saúde de cada diocese, e facelo antes do día 9 de outubro. O prezo da incrición, no que vai incluido o xantar, é de 25 euros por persoa. En referencia á posibilidade de transporte, valorarase por parte de cada delegación en función do número de inscritos.
Santiago de Compostela: Nuria – 629 892 025
Tuy-Vigo: Juan Benito – 608 280 655
Lugo: Miguel – 699 396 356
Ourense: Jose Manuel – 619 594 846
Mondoñedo-Ferrol: José Luis – 686 998 685
Descarga: Cartel XLII Cursiño Rexional 2023 de Pastoral da Saúde
Programa oficial
Xornada de mañá:
· 09:45-10:15 h. – Recepción e acollida.
· 10:15-10:30 h.- Oración inicial.
· 10:30 h.- Benvida por parte do bispo de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos.
· 10:35 h.- Primeira parte: Charla “Axudando a medrar cando cambian os marcos”, polo Dr. Alexandre García Caballero, psiquiatra, coordinador de programas de prevención e promoción en saúde mental do SERGAS.
· 12:00-12:30 h.- Pausa-Café.
· 12:30-13:45 h.- Mesa Redonda. “Coidando e acompañando” en Saúde Mental. Coa participación de membros da Asociación Saúde Mental A Mariña: a súa directora-xerente María José Nóvoa; e a Dra. Isabel García Lado, responsable do Equipo de Continuidade de Coidados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUOU).
· 13:45 h.- Intervención do director do SIPS, P. Juan Benito Rodríguez Guerreiro.
· 14:00 h.- Clausura da Xornada por parte do bispo de Mondoñedo-Ferrol.
Xornada de tarde:
· 14:15 h.- Xantar no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo (prezo incluido na inscrición).
· 16:00-17:00 h.- Concerto de órgano na catedral de Mondoñedo, a cargo do mestre-organista Carlos J. Fernández Bollo.
· 17:00 h.- Eucaristía presidida polo bispo de Mondoñedo-Ferrol. Retransmisión pola canle de Youtube da diocese de Mondoñedo-Ferrol. Remate sobre as 18:00 horas.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















