Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 17 de abril de 2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Carlos Miranda, delegado diocesano de Catequese e Catecumenado
Este sábado, 18 de abril, a localidade de Vilalba acollerá a Asemblea Diocesana de Catequistas de Mondoñedo-Ferrol 2026, un encontro pensado para reunir a todos os/as catequistas da diocese. Presidida polo noso bispo, a xornada virará ao redor do tema da iniciación cristiá, en sintonía cos obxectivos pastorais deste curso. Hoxe acompáñanos o delegado diocesano de Catequese, Carlos Miranda, para presentarnos os detalles desta cita tan especial, o seu programa e o sentido que ten para a vida catequética da nosa diocese.
Entrevista: Alberto Varela, delegado de Xuventude
Co gallo da visita do papa León a España, desde a delegación de Mondoñedo-Ferrol prepárase unha viaxe en grupo con saída o venres 5 pola tarde e regreso o domingo 7 de xuño. De momento, abriuse un proceso de preinscrición para quen desexe sumarse e nos próximos días publicarase información detallada sobre os prezos, o aloxamento, as comidas e outros aspectos loxísticos. Cóntanos a última hora deste viaxe o noso delegado de Xuventude, Alberto Varela.
Entrevista: Andrés Segura, seminarista diocesano
Esta semana queremos compartir convosco unha experiencia de fe: o Seminario Interdiocesano “Apóstolo Santiago” realizou recentemente unha peregrinación a Fátima, que incluíu paradas en cidades como Guimaraes, Porto, Coimbra e Braga, e que culminou no Santuario da Nosa Señora de Fátima. Hoxe acompáñanos no programa o seminarista diocesano Andrés Segura, que viviu de cerca esta experiencia e quere contarnos que significou para el camiñar xunto aos seus bispos e compartir estes días de oración.
Entrevista: Carlos Alonso, Comisión de Sostemento
Nuns días, a diocese de Mondoñedo‑Ferrol proxéctarase ao público cunha iniciativa moi especial: a “Liña 105 XTantos”, unha viaxe guiada polo corazón da nosa realidade eclesial, onde se descobren as distintas obras e proxectos que a Igrexa sostén grazas á colaboración e a corresponsabilidade dos fieis a través do X da declaración da renda. Acompáñanos no programa Carlos Alonso, responsable da Comisión Diocesana para o Sostemento da Igrexa, que nos vai contar como vai a inscrición, que supón a “Liña 105 XTantos” para a nosa diocese e por que invitamos á comunidade para participar nesta viaxe.
Para pensar: «El caminante»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de abril encárganse a comunidade relixiosa dos PP. Mercedarios (Ferrol).
Tamén che pode interesar
Podcast da programación diocesana en radio
Arquivo web de audios
Servizo diocesano de Comunicación








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















